inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Galicia Audiovisual Revista
Click para ampliar

Presentación de Screenly en Compostela o vindeiro 5 de decembro

2015-11-24

Screenly, a plataforma para ver cine en salas baixo demanda a través do crowdticketing, comeza a súa implantación en cines de Galicia, empezando polos Multicines Norte en Vigo e a sala NUMAX en Santiago.

O vindeiro 5 de decembro terá lugar o primeiro evento baixo demanda en Compostela: a estrea da película documental NO ESTAMOS SOLOS, de Pere Joan Ventura, producida por Pere Portabella e El Gran Wyoming, que se presentou no último Festival de San Sebastián e que chega por primeira vez a Galicia. NO ESTAMOS SOLOS é un documental sobre a indignación e a dignidade, sobre os movementos sociais, as mareas da dignidade e sobre todo o escenario de rebelión cidadá que se xerou no Estado español entre maio de 2011 e o tempo no que estamos, finais de 2015, que culmina coas eleccións do vindeiro 20 de decembro.

Ligazóns
http://screen.ly/evento/46/no-estamos-solos-numax/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org