inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Éxito de audiencia na estrea de FONTEALBA, a nova serie diaria da TVG

2016-09-28

A agardada estrea da nova serie das tardes da Televisión de Galicia FONTEALBA non defraudou aos máis de 55.000 espectadores galegos que seguiron as tramas da familia Douro. Durante a emisión do primeiro capítulo os audímetros acadaron o 12,7% de share momentos previos á voda de Roberto e Aurora, unha das fillas de Luís Douro, que vai dar moita guerra na loita pola herdanza do gran imperio da familia e o desexado manancial que rega os cultivos de Hortodouro.

A nova aposta da TVG arranca presentando batalla a ACACIAS 38, con tan só 1.000 espectadores máis, e superando a AMAR ES PARA SIEMPRE en máis de 4.000 espectadores e a SEIS HERMANAS en case 40.000. Entre os programas de non ficción que compiten na mesma franxa horaria, tan só SALVAME LIMÓN consegue manterse por enriba da ficción de TVG. FONTEALBA superou o éxito da estrea da súa predecesora O FARO, ambas sobre unha idea orixinal de Zaza Ceballos. A nova ficción conta cun elenco de luxo con actrices e actores da talla de Sonia Castelo (Amalia), Julio Pereira (Luís), Paula Morado (Aurora), Fran Paredes (Roberto), Melania Cruz (Marisa), Sheyla Fariña (Nina), Mateo González (Gonzalo), Lourdes (Estíbaliz Veiga), Fernando González (Fonso), David Seijo (Andrés), Laura Míguez (Asun), Alicia Armenteros (Vera), Xavier Pan (Xaquín), Martín Vázquez (Carlos), Marta Carrillo (Elsa), Mariña Sampedro (Mati), Ana Santos (Perfecta), Josito Porto (Toño), Fran Lareu (Lisardo), Alejandro Ortega (Abel), Machi Salgado (Rosendo), Muriel Pernas (Anxo) ou Silvana Sestelo (Belén). Rosa Castro e Manuel Darriba son os responsables da coordinación dos guións que escriben xunto aos guionistas Raúl García, Eva Vázquez, Iria López e Héctor Carré. O equipo de directores está formado por Gerardo Rodríguez e Jesús Font con Ozo Perozo como director de segundas unidades. A produción executiva corresponde a Zaza Ceballos, Dolores Ben, Antonio Varela e Moncho Varela. A gravación da primeira tempada comezou en agosto e conta con máis de 12 decorados construídos nas instalacións de Atlántida Media, por un excelente equipo de arte dirixido por Ramón Rubira, ademais de numerosos exteriores en fermosos lugares da xeografía galega. Fontealba continúa a súa emisión de luns a venres ás 16:00 horas na primeira canle da Televisión de Galicia.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org