inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Festivais e certames Revista
Click para ampliar

Aberto prazo de inscrición para o Festival de Cans 2017

2017-01-13

O Festival de Cans abre ata o 5 de marzo o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na 14ª edición, que se celebrará do 24 ao 27 de maio de 2017

O Festival de Cans é un evento destinado a promover o talento das novas e novos creadores. Ata o domingo 5 de marzo estará aberto o prazo para enviar curtametraxes e videoclips para entrar a concurso na XIV edición do evento que se celebrará do 24 ó 27 de maio de 2017. Admítense curtas de ficción, de non-ficción, de animación e de todo o que consideredes que son pezas curtas que precisen dun público que as desfrute, ademais de videoclips. Neste senso, esperamos superar de novo o número de obras inscritas, que o ano pasado ascendeu a máis de 200. Este ano destinaremos en premios en metálico 6.900 euros, para intentar axudarvos e que sigades facendo cine no futuro. Seguindo a liña do ano pasado o Premio do xurado á Mellor Curtametraxe ascenderá a 2000 euros, continuando así a nosa aposta polo talento galego.

Ligazóns
http://www.festivaldecans.com/aberto-prazo-de-inscricion-para-cans-2017/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org