inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

AGAPI organiza unhas xornadas dedicadas ás NOVAS FORMAS DE PRODUCIÓN

2017-02-14

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará o próximo día 23 de febreiro unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual. Baixo o título NOVAS FORMAS DE PRODUCIÓN trataranse temas como: Crowdfounding, Transmedia e net strategist e Branded content.

Esta xornada está subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta co apoio da Fundación Cidade da Cultura, Xunta de Galicia e EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales). O acto levarase a cabo no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o día 23 de febreiro, en horario de 10:00 a 14:30h. Contará con un programa moi completo e con relatores de alto nivel. As xornadas darán comezo o día 23 de febreiro ás 10:00h e a inauguración e presentación dos relatores correrá a cargo do socio de Agapi, Jose Antonio Velo, da empresa Astrágalo Studio. A primeira ponencia (10.30-11.30h) CROWDFOUNDING estará conducida por Jesús Prieto Sacristán (Abogado, consejero CREA SGR). A continuación, (11.30-12:30h) seguirá un foro co tema TRANSMEDIA E NET STRATEGIST, a cargo de Elena Neira (Consultora marketing, redes sociais e tecnoloxía) e Berni Melero (CIO Knowdle Media Group). Despois dun breve descanso, a xornada continuará coa intervención sobre BRANDED CONTENT que contará unha vez máis coa intervención de Elena Neira (Consultora marketing, redes sociais e tecnoloxía) e Berni Melero (CIO Knowdle Media Group). A xornada chegará ao seu fin con un debate aberto cos asistentes. A entrada será gratuíta. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico: prensa@agapi.org antes do vindeiro 20 de febreiro.

Ligazóns

Díptico NUEVAS FORMAS DE PRODUCCIÓN


Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org