inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Seis empresas de AGAPI desembarcan no mercado da Berlinale

2017-02-14

No European Film Market atópanse xa os representantes das empresas pertencentes a AGAPI, Abano Producións, Frida Films, Matriuska Producciones, Portocabo, Vaca Films e Zeitun Films, que acoden a este encontro con cadansúa carteira de títulos tanto en proxecto en fase de produción ou xa rematados. O obxectivo é lograr acordos de coprodución, vendas e distribución internacional, para o que están a desenvolver numerosas reunións con axentes de todo o mundo.

Esta misión enmárcase dentro do programa de internacionalización do audiovisual galego, que este ano se estenderá a oito mercados de referencia mundial e para o que a Agadic volve contar co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e coa colaboración do Clúster Audiovisual Galego (Clag) e da Asociación Galega de Produtoras Independente (Agapi). A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e 12 produtoras integran a delegación comercial de ‘Films from Galicia’ no European Film Market (EFM) de Berlín, conformando a representación galega máis numerosa nesta feira internacional que se desenvolve ata o vindeiro día 17 en paralelo á Berlinale. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e 12 produtoras integran a delegación comercial de Films from Galicia no European Film Market (EFM) de Berlín, conformando a representación galega máis numerosa nesta feira internacional que se desenvolve ata o vindeiro día 17 en paralelo á Berlinale.

Ligazóns
http://www.agadic.gal/Blog/contido/2411/_Films_from_Galicia__desembarca_no_mercado_da_Berlinale_coa_sua_delegacion_mais_numerosa



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org