inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais

2017-05-18

O Clúster Audiovisual Galego organiza, en colaboración con Barrilero y Asociados, unha xornada sobre Fiscalidade para a Produción de Contidos Audiovisuais, que se celebrará o día 24 de maio, ás 10.30 horas, na sede do Clúster en Santiago.

José María García-Ogara e Fátima Ochoa, de Bufete Barrilero y Asociados e especialistas en investimentos cinematográficos, exporán a súa experiencia nesta área e describirán as características máis importantes deste tipo de inversións.   Durante a sesión afondarase nas desgravacións fiscais por investir en cine, un instrumento óptimo de planificación fiscal que garante unha rendibilidade superior á da maioría dos produtos financeiros do mercado. Asemade, detallaranse as deducións fiscais á I+D+i para o sector TIC e dos contidos dixitais.   Esta xornada, que conta co apoio do Igape, está dirixida tanto aos profesionais do audiovisual como a empresas de calquera outro sector e tamaño interesadas nesta ferramenta de planificación e en participar dos beneficios fiscais que supón investir na produción de contidos audiovisuais.   A participación nesta xornada é gratuíta ata completar aforo e previa confirmación de asistencia, enviando os teus datos persoais (nome, apelidos e empresa) a comunicacion@clag.es antes do día 23 de maio. Os asistentes teñen tamén a posibilidade de celebrar reunións personalizadas cos profesionais encargados de impartir a xornada solicitándoo con antelación ao mesmo enderezo electrónico.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org