inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Conecta FICTION reúne en Galicia máis de 35 canles internacionais de televisión na procura de series para coproducir

2017-06-13

Os representantes de máis de 35 canles de televisión de referencia internacional daranse cita en Santiago de Compostela do 20 ao 23 de xuño para asistir a Conecta FICTION, primeiro encontro dedicado á coprodución de ficción televisiva (series e miniseries) entre Europa, Latinoamérica e Estados Unidos.

Xunta de Galicia, o ICEX España Exportación e Inversiones e a Fundación SGAE promoven esta primeira edición do evento, baixo a produción de Inside Content, para a que xa están acreditados máis de 350 profesionais de 20 países. Atópanse entre eles directivos de cadeas e plataformas de televisión, produtoras, distribuidoras, empresas inversoras, de servizos e asesorías xurídicas, ademais de creadores, guionistas e axentes de vendas. Así, Conecta FICTION reunirá en Galicia marcas tan coñecidas como Arte, Atresmedia, Fox Networks Group, France Televisión, HBO, Mediaset, Movistar+, Netflix, Radio Televisión Española, RTP de Portugal, Sony Pictures TV, Telemundo, Televisa, Televisión Nacional de Chile, Turner Latin America, TV Azteca e Univisión, entre moitas outras. Esta primeira edición do evento, que desenvolverá o seu programa diúrno na Cidade da Cultura de Galicia e o nocturno, noutros espazos de Compostela, foi presentada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, nun acto no que tamén interviñeron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o director da Agadic, Jacobo Sutil Nesta; o director da Zona Noroeste da SGAE, Juan Carlos Fenández Fasero; o presidente do Clúster Audiovisual Galego (Clag), Jorge Algora, e a a directora do encontro, Geraldine Gonard. Asistiron, así mesmo, representantes do resto das entidades colaboradoras, así como do sector audiovisual galego. Subliñou igualmente a estreita colaboración da Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coas outras dúas entidades promotoras do evento, ao que tamén achegan a súa colaboración o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Turismo de Galicia, Fundación Cidade da Cultura, Galicia Calidade, Clag, Televisión de Galicia, Concello de Santiago, Consorcio da Cidade de Santiago, Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Master de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), Fundación Media Europa, Movistar+ e TVE, entre outras entidades.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org