inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

A Agadic colabora co programa EAVE de produtores audiovisuais para celebrar en Santiago un dos seus talleres

2017-07-03

Santiago de Compostela será o ano que vén unha das tres sedes do prestixioso Taller de Produtores do programa EAVE (European Audiovisual Entrepreneurs), iniciativa pioneira en Europa no ámbito da formación para estes profesionais da industria cinematográfica e televisiva.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con este encontro para o desenvolvemento en Galicia do terceiro e último taller de 2018, que terá lugar en outubro tras pasar por Luxemburgo en marzo e por Stavanger (Noruega) en xuño. A organización mantén aberto ata o 1 de setembro a través do seu web o prazo de solicitude deste curso, para o que cada ano son seleccionados medio cento de participantes, preferentemente produtores en activo, tanto de ficción como de documentais, con interese en ampliar os seu coñecementos sobre a produción e a coprodución no ámbito da UE, así como en formar parte da súa rede profesional europea. Os talleres ábrense tamén a outros profesionais da industria, relacionados con fondos de axuda, asesoramento legal, procura de financiamento, festivais e mercados. Moitos dos participantes no Taller de Produtores do EAVE acoden ao curso con proxectos, que comezan a desenvolver durante as diferentes residencias, dunha semana de duración cada unha delas. Así, nos dous primeiros talleres, o alumnado traballará en grupos liderados por produtores con experiencia e con diferentes expertos en análise de guión, desenvolvemento, financiamento, aspectos legais da coprodución, marketing e preparación de pitchings, entre outros aspectos.

Ligazóns
http://www.agadic.gal/Blog/contido/2530/A_Agadic_colabora_co_prestixioso_programa_EAVE_de_produtores_audiovisuais_para_celebrar_en_Santiago_un_dos_seus_talleres



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org