inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Aberta a convocatoria para a 11ª edición do Pitching I+P, IDEAS PARA PRODUCIR

2017-07-28

Ata o día 10 de outubro estará aberto o prazo de presentación de proxectos audiovisuais para participar na 11ª edición do pitching I+P, Ideas para Producir. O Clúster Audiovisual Galego celebrará unha nova edición deste foro os días 22 e 23 de novembro en Santiago de Compostela.

O I+P, Ideas para Producir ten como obxectivo reunir a produtores, guionistas e directores que teñan un proxecto de cine ou televisión, e que busquen alianzas empresariais de cara á súa coprodución, venda ou distribución, con directivos de canles de televisión, produtores executivos, distribuidores e responsables de vendas internacionais. De entre todos os proxectos recibidos un comité de expertos seleccionará quince para realizar un pitch diante de destacados axentes do sector audiovisual do noso país. Posteriormente celebraranse as reunións one to one entre os responsables dos proxectos e os compradores. A xornada de Pitching terá lugar o día 23 de novembro. Na presente edición, o I+P, Ideas para Producir conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e do Concello de Santiago de Compostela. E coa colaboración da Santiago de Compostela Film Commission, a plataforma Filmarket Hub e a compañía Music Library & SFX. As empresas e os profesionais do sector audiovisual que desexen participar na undécima edición do I+P, Ideas para producir poden inscribir os seus traballos enviando por mail o formulario que está dispoñible na páxina web do Clúster (www.clag.es) a comunicacion@clag.es ata o día 10 de outubro. O Clúster Audiovisual Galego comunicará a partir do día 30 de outubro os proxectos seleccionados para seren presentados no pitching.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org