inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

A Agadic promove unha delegación empresarial galega no MIPCOM, coa colaboración de Agapi

2017-08-01

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e en colaboración de Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e Clúster Audiovisual Galego, está a organizar a participación dunha delegación de empresas galegas no mercado de contidos audiovisuais MIPCOM, que terá lugar en Cannes (Francia) do 16 ao 19 de outubro de 2017.

A Agadic terá presenza no pavillón Audiovisual from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios. Para favorecer esta delegación empresarial galega, a Agadic contribuirá o financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e un máximo de 4 noites de aloxamento. Procedemento de solicitude: 1. Comunicar a participación no MIPCOM a través do correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es. 2. Tramitar a acreditación no enlace: https://register.mipcom.com/LoginNew.aspx?pvlid=6c65b0e6-dc87-468c-8209-ecfb78632a01

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org