inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Proxección de A PRAIA DOS AFOGADOS este venres no ciclo de cine verán de Vedra

2017-08-03

Continúa o terceiro ciclo de verán 4x4x4 organizado pola Asociación Senunpeso coa proxección o venres 4 de agosto ás 22:30 horas no campo da festa de San Pedro de Sarandón (Vedra) do filme de intriga A PRAIA DOS AFOGADOS, dirixido por Gerardo Herrero. É a terceira proxección deste ciclo no que se exhiben catro películas galegas en catro parroquias do concello de Vedra en catro venres dos meses de xullo e agosto.

A PRAIA DOS AFOGADOS é a adaptación cinematográfica da exitosa novela homónima do galego Domingo Villar. Unha mañá, a marea arrastra ata á beira o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas. Sen testemuñas nin rastro da embarcación, o inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para esclarecer o crime, pero os veciños resístense a desvelar as súas sospeitas. Este filme, dirixido por Gerardo Herrero en 2015, ten como actor protagonista a Carmelo Gómez, ao que acompañan entre outros Antonio Garrido, Tamar Novas, Celso Bugallo, Celia Freijeiro, Marta Larralde e Ernesto Chao. A proxección conta coa colaboración da Asociación de Veciños San Pedro. Tamén colaboran en todo o ciclo o Concello de Vedra, a Asociación Cultural Papaventos e a Deputación da Coruña. SOMOS XENTE HONRADA Venres 18 de agosto ás 22:00 h na Ponte Ulla (campo da festa) Suso e Manuel, dous pais de familia e amigos de toda a vida, quedan sen traballo con cincuenta anos cumpridos. Cando a situación é xa insostible ocorre algo insólito: un día, mentres están pescando, atopan un paquete con dez quilos de cocaína. Alejandro Marzoa dirixiu en 2013 este filme que se move entre a comedia e o drama e que ten a Miguel de Lira e a Paco Tous nos papeis protagonistas. O elenco complétano actores e actrices da talla de Manuela Vellés, Unax Ugalde, Morris e Pico. A proxección conta coa colaboración da Asociación de Veciños Virxe de Gundián.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org