inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

ChanfainaLab, encontro de cineastas

2017-08-31

Durante a fin de semana do 1 ao 3 de setembro do 2017 celébrase en San Sadurniño a 4ª edición da ChanfainaLab, unha experiencia de creación audiovisual colectiva que tenta poñer en valor o territorio do Concello a través dos ollos de creadores/as audiovisuais galegos/as. A idea é sinxela: os participantes teñen que gravar na fin de semana unha película dunha duración de entre tres e cinco minutos, con absoluta liberdade sobre o tema e tratamento visual. A ollada contemporánea sobre a paisaxe rural, a emigración, o devalar do tempo, as diferenzas paisaxísticas e sociolóxicas entre as sete parroquias que compoñen o concello, transforman a San Sadurniño nun universo por descubrir e moi axeitado para debullar propostas visuais innovadoras.

O nome de chanfaina alude a unha receita tradicional dos territorios de antigos señoríos, cando as partes nobres do animal entregábanselle aos Señores, mentres as vísceras e as partes mais pobres quedábanse na cociña dos labregos, coas que preparaban a denominada chanfaina, de grande tradición nas parroquias de Bardaos e Igrexafeita. Outro das sinais de identidade da Chanfaina é o de ser un revolto de cousas diversas; por iso procura a diversidade dos/as participantes segundo idade, sexo, formación ou experiencia dos cineastas para que o encontro teña un tempo fecundo, onde se intercambien ideas, experiencias e capacidades. Entre os creadores/as que participan coa súa cámara nesta edición figuran autores/as naturais ou veciños de San Sadurniño como, os axitadores socioculturais de Silvalonga Patricia Lamas e Miguel Sanjurjo, o veterano de Igrexafeita Abel Vega, o adoptado na Lobeira Fran Bermúdez, os mozos de Bardaos Bieito Beceiro ou Sebastián Rodríguez de Lamas, o neno de Sansa Pablo Martínez; as xa famosas labregas de Teño unha horta en San Sadurniño: Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce e Carmen Bouza e o colectivo de mozas The Sungirls; tamén veñen cineastas ferroláns como Lara e Noa Castro . E por suposto participan relevantes cineastas ou interesados polo cinema galego procedentes de distintos puntos da xeografía do país: o monfortino Alberte Lobelle, a política e gran afeccionada ao cinema Ana Pontón, o investigador e programador Ángel Rueda, a cineasta pontevedresa Anfos Fazáns, a cineasta de Mazaricos Carmen Rey, a xornalista e documentalista Cristina de la Torre, a directora da Costa da Morte Olaia Sendón, o noso cineasta mais internacional Oliver Laxe, e o cineasta experimental Vicente Vázquez. Neste ano contamos ademais coa presenza de Portugal da man do cineasta, programador e dinamizador Carlos Viana, quen ademais de crear a súa peza amosaranos unha antoloxía de curtas do cinema rural portugués.. Ademais do Encontro de Cineastas e as proxeccións de venres e o sábado, desenvolveranse tres obradoiros con entrada libre e gratuita Venres 1, as 10.00: María Yáñez: Folclore dixital: o uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs animados. Venres 1, as 16.30: Juan Lesta: Monta-móbil. Domingo 3, as 17,00: Oliver Laxe Cine rural. O cinema da soberana sumisión. O evento estará organizado polo Concello de San Sadurniño. Colaboran as Asociacións veciñais de Santa Mariña do Monte, Adiante Igrexafeita, Xuntanza de Lamas , San Pipote de Bardaos, Pico de Ferreira e Aula Cemit. O encontro está patrocinado pola Deputación de A Coruña e o Concello de San Sadurniño. O cartaz está inspirado nun cadro pintado polo pintor J. Carlos Vázquez baseándose en indicacións de Víctor Manuel Rico, Vitucho e fotografías antigas. O cadro fai referencia ao templete ou pérgola que os Marqueses de San Sadurniño tiñan nas beiras do Xuvia e onde a Marquesa Natividad Quindós e os seus aristocráticos invitados facían as veces merendas e pic-nics nos seus paseos dende o Pazo a rentes do río Xuvia. Estaba situado no que se coñece como o Pozo dos donceis, preto do lugar onde vive deusa Navia dende xullo de 2017.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org