inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O proxecto galego O SANTA ISABEL participa no espazo SANFIC Industria do Festival de Santiago de Chile

2017-08-16

O proxecto de longametraxe O SANTA ISABEL da produtora galega socia de Agapi, Agallas Films, escrita e dirixida por Paula Cons e que xa conta co apoio da Agadic, participou no SANFIC Industria, un espazo de formación e promoción dirixido a profesionais e novas xeracións do medio audiovisual latinoamericano que se celebrou no marco do Santiago Festival Internacional de Cine, en Chile.

O SANTA ISABEL foi un dos tres proxectos españois que foron seleccionados entre os 32 elixidos de toda Latinoamérica, na edición que contou con máis proxectos presentados a este espazo. A través das súas distintas actividades pretende promover e apoiar a creación dunha industria de cine latinoamericana cada vez máis potente. Durante cinco días, unha trintena de profesionais da industria audiovisual, directores, guionistas e produtores procedentes de América Latina, España e Portugal participaron nunha serie de relatorios e asesorías individuais con profesionais de talla internacional. Este foi o primeiro ano que o SANFIC Industria colaborou co obradoiro de asesoría á coprodución da SGAE Cruzando Fronteiras, un proxecto que quere potenciar aos autores e á industria fomentando a coprodución entre países latinoamericanos e Europa. Precisamente o proxecto de longametraxe de O SANTA ISABEL é unha coprodución entre España e Arxentina. O SANTA ISABEL é un thriller que narra todo o que acontece na pequena illa de Sálvora despois do afundimento dun barco nas súas costas. Inspirándose libremente nuns feitos que ocorreron en 1921, a película narra en ton de suspense e intriga a fazaña de tres mulleres que se lanzaron ao mar a salvar aos náufragos e todas as inesperadas consecuencias que para elas tivo ese feito.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org