inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Finaliza a rodaxe do filme A SOMBRA DA LEI

2017-09-08

Vaca Films remata a rodaxe do novo filme de Dani de la Torre, A SOMBRA DA LEI. En palabras da produtora Emma Lustres: En Vaca Films tratamos de facer filmes de entretenemento e con calidade. Non se rodan moitas películas de época e, á vez, de xénero thriller en España. Queremos sroprender ao espectador. Foi moi laborioso recrear esos anos vinte, un momento de reivindicacións, bastante descoñecido pero vibrante, de grandes cambios e loitas sociais, unha etapa apaixonante porque foi entón cando naceu a España moderna.

O director Dani de la Torre (que otivo un grande éxito comercial e de crítica co seu primeiro filme O Descoñecido) finalizou esta semana en Galicia a rodaxe da súa segunda película: A SOMBRA DA LEI, que protagonizan Luis Tosar, Michelle Jenner, Vicente Romero, Ernesto Alterio, Paco Tous, Pep Tosar e Manolo Solo (gañador do Goya por Tarde para la ira). A película conta tamén no seu reparto con xóvenes intérpretes Jaime Lorente, Adriana Torrebejano e Fredi Leis. A partires dun guión escrito por Patxi Amezcua, rodouse durante os dous últimos meses, en máis de 80 localizacións de Barcelona e Galicia, contando coa colaboración dos Concello de Pontevedra, Lugo e Monforte de Lemos. A fundación Jorge Jove, a fundación do Ferrocarril de Galicia e o Círculo das Artes de Lugo tamén colaboraron na filmación da película. Sinopse: Ano 1921. España vive un momento axitado e caótico: son os anos do chumbo, froito dos violento enfrontamentos de rúa entre matóns e anarquistas. O gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios e crimes, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar coa comisaría local de policía na detención dos culpables do roubo a un tren militar. Aníbal e as dúas formas con atopan moito apoio entre os seus compañeiros e deseguida comezan os enfrontamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto. Aníbal entrará en contacto non só cos baixos fondos da sociedade barcelonesa, entreles, con un Barón alemán, un mafioso con importantes conexións, senón tamén co mundo anarquista máis radical, disposto a todo para conseguir os seus obxectivos. Alí coñecerá a Sara, unha loitadora e temperamental muller, cuxo encontro terá consecuencias inesperadas para ambos.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org