inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Oliver Laxe, premio da Cultura Galega na categoría Audiovisual

2017-09-29

O coruñés Oliver Laxe, galardonado co Premios da Cultura Galega 2017, na modalidade de audiovisual. A primeira longametraxe do director Oliver Laxe, TODOS VÓS SODES CAPITÁNS, foi gañador do Fipresci da quincena de realizadores de Cannes en 2010. Seis anos máis tarde estreou MIMOSAS, gañando o gran premio da semana da crítica do festival francés.

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presidiu onte a reunión do xurado dos premios, que tivo lugar na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. A Xunta convoca anualmente estos premios co obxectivo de apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a cultura de Galicia nos diferentes ámbitos.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org