inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

O OUFF selecciona os proxectos de Tiago Hespanha, Alberto Gracia, Eloy Domínguez-Serén e Diana Toucedo para participar na primeira edición de ÁNCORA

2017-10-09

O OUFF vén de escoller os catro proxectos seleccionados para participar en ÁNCORA, o primeiro foro de posprodución para longametraxes en estado avanzado. O obxectivo do programa é ofrecer asesoramento e favorecer o investimento en proxectos cinematográficos a piques de rematar, axudándoos a que se completen nas mellores condicións posibles. Nesta primeira edición os proxectos participantes serán Campo (de Tiago Hespanha), Eco (de Alberto Gracia), Hamada (de Eloy Domínguez-Serén) e Puerto deseado (de Diana Toucedo).

En Campo, o portugués Thiago Hespanha sitúase na meirande base militar de Europa, para revelar o absurdo e manifestar a vida nas súas dimensións máis extremas: a guerra e a felicidade. Eloy Domínguez-Serén relata en Hamada a historia dun grupo de mozos amigos que viven nun campo de refuxiados no medio do pedroso deserto do Sáhara mentres que o director Alberto Gracia, pola súa banda, presentará en Eco a historia dunha ninfa de auga que foi castigada polos deuses. Diana Toucedo, en Puerto Deseado, emprenderá unha viaxe en barco co seu pai na última travesía do capitán nunha embarcación pesqueira embarcados nas xélidas augas do Atlántico sur. Comité asesor ÁNCORA contará cun comité asesor que terá como labor aconsellar aos cineastas logo das presentacións que se levarán a cabo a porta pechada. Nesta edición do OUFF, os asesores serán Ana Isabel Strindberg -programadora en Indielisboa e directora de Portugal Film-, Marília Rocha -cineasta- e Martin Pawley -crítico e programador-. Este comité será o encargado elixir que dous filmes levan os premios dos que ÁNCORA fai entrega: o Premio Cinemar Fims (premio de posprodución de Son en Cinemar Films valorado en 7.000 €) e o Premio NUMAX (premio de posprodución de imaxe no Laboratorio NUMAX, valorado en 4.000€).

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org