inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O documental galego de Agallas Films, A BATALLA DESCOÑECIDA, seleccionado na 62 edición da SEMINCI

2017-10-10

O documental producido por Agallas Films e dirixido por Paula Cons participará a competición na sección DOCEspaña da 62 Semana Internacional de Cine de Valladolid. A BATALLA DESCOÑECIDA de Paula Cons, indaga nun episodio histórico agochado ata hoxe en día para o gran público: o da batalla do volframio que libraron aliados contra España durante a Segunda Guerra Mundial. O réxime franquista permitiu extraer este mineral estratéxico aos nazis para o seu armamento poñendo en perigo a súa neutralidade. Un gran misterio e multitude de interrogantes rodean aínda este episodio da nosa historia

O documental de Agallas Films coa coprodución de TVE e TVG e o apoio da AGADIC e ICAA non só trata de pescudar na orixe e consecuencias desta apaixonante guerra económica que se librou en España se non que quere explicar moitos dos feitos que ocorren na actualidade no noso país a través da análise deses acontecementos. Máis de 20 entrevistados, orixinais recreacións históricas, abundante material de arquivo, do NODO e documentos procedentes de arquivos de todo o mundo transportan ao espectador a unha época única e vibrante. A 62 Semana Internacional de Cine de Valladolid seleccionou 13 títulos para a sección DOC. España, dedicada exclusivamente ao documental español. A sección a conforman 11 longametraxes a competición –optan a un premio dotado con 6.000 euros para o realizador- e unha longametraxe e unha curtametraxe fora de concurso. Ademais de A BATALLA DESCOÑECIDA haberá outro documental galego a concurso Entre la ola y la roca, de Manuel Lógar, ambientado en Muxía onde se acompaña aos percebeiros dalí 13 anos do Prestige.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org