inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Foro sobre a nova narrativa das series transmedia: Santiago, 22 de novembro

2017-11-07

A narrativa transmedia está en auxe e as historias expándense en todo tipo de medios e formatos. Un foro do Clúster Audiovisual Galego analizará, o día 22 de novembro en Santiago de Compostela, a importancia do guión nas series transmedia e abordará as claves do éxito das ficcións que se apoian neste novo universo, que está cada vez máis de moda dentro do panorama audiovisual actual.

Baixo o título A nova narrativa das series transmedia, o Clúster Audiovisual celebrará na sala de conferencias do Centro Abanca Obra Social de Cervantes unha nova edición dos seus foros estratéxicos dirixida aos profesionais do sector galego, que contará co director do festival Mundos Digitales, Manuel Meijide, como moderador. Ademais, esta sesión abrirá o programa da 11ª edición do pitching “I+P Ideas para producir” que se celebrará o 22 e 23 de novembro en Compostela. Durante o foro analizarase a evolución do transmedia como estratexia ata a creación dun universo propio da man do guionista e produtor Javier Olivares, creador, entre outras, das series de éxito El Ministerio del Tiempo (TVE 1) e Si fueras tú (RTVE), a primeira ficción transmedia interactiva producida en España. Para ofrecer o enfoque tecnolóxico deste novo modelo narrativo participará no foro Roberto Pérez, CTO e fundador de Future Lighthouse, estudio madrileño encargado de desenvolver o proxectos de realidade virtual de El Ministerio del Tiempo. Ministerio VR é unha experiencia única de realidade virtual na que se pode recorrer con algúns personaxes da serie varios dos lugares máis recoñecibles do Ministerio, e vai un paso máis alá da primeira experiencia, xa que o usuario ten a posibilidade de camiñar e interactuar con obxectos e personaxes da serie. A asistencia ao foro é libre e gratuíta ata completar o aforo. Para asistir é necesario enviar cuberto o formulario que está dispoñible no sitio web do Clúster a comunicacion@clag.es. O prazo de inscrición está aberto ata as 13.00 horas do día 20 de novembro.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org