inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

AGAPI organiza unhas xornadas centradas na Produción como eixo dos proxectos

2017-11-13

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará o vindeiro martes 28 de novembro, unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual. Baixo o título A PRODUCIÓN COMO EIXO DOS PROXECTOS trataranse temas como os acordos de coprodución nas series de televisión ou a produción de cine de autor. Estas xornadas, subvencionadas pola Diputación de Coruña, terán lugar no Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) en horario de 10.15 a 14:15h. Contarán cun programa moi completo e con ponentes de alto nivel.

As xornadas darán comezo o día 28 ás 10.15h e a inauguración correrá a cargo da presidenta de Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes), DOLORES BEN. O primeiro relatorio (10.15-11h) ACORDOS DE COPRODUCIÓN NAS SERIES DE TELEVISIÓN estará conducida por Alfonso Blanco (Portocabo). A continuación, (11-11.45h) seguirá Daniel Froiz (Matriuska Producións) cun discurso centrado na A VISIÓN DO DIRECTOR DE PRODUCIÓN NA ORGANIZACIÓN DO TRABALLO, a mañá seguirá coa intervención da produtora Emma Lustres (Vaca Films) que abordará A IMPORTANCIA DO PRODUTOR EXECUTIVO (12-12.45h), para pasar despois á análise por parte do produtor Koldo Zuazua (Kowasky Films) sobre as particularidades de PRODUCIR CINE DE AUTOR (12.45-13.30h). Pechará a xornada Rodrigo Espinel (Histbook Group) para tratar diversas cuestións relacionadas coa PRODUCIÓN AUDIOVISUAL E MARKETING DIXITAL. A entrada ás xornadas é gratuita. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico:prensa@agapi.org antes do vindeiro 25 de novembro.

Ligazóns

Programa AGAPI


Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org