inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

CONECTA +, encontro entre guionistas, directores e produtores

2017-11-21

Conecta+ é unha ferramenta para poñer en contacto a creadores galegos -con proxectos en fase de desenvolvemento-, con produtores (tanto galegos coma do resto España) que poidan estar interesados en desenvolver eses proxectos. Conecta+ é unha iniciativa de CREA, Asociación de Directores Realizadores de Galicia, para a que contamos coa colaboración das asociacións AGAG (Asociación Galega de Guionistas) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), así como da Fundación SGAE, AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e Galicia Calidade.

O formato deste encontro é o das reunións un-a-un xa utilizado nos encontros Conecta e que demostrou a súa eficacia á hora de poñer en común proxectos, xa que permite un mellor coñecemento persoal de ámbalas dúas partes; maior profundización no coñecemento do proxecto, e en definitiva, máis posibilidades de atopar conexións entre a produción e a creación, que o clásico formato piching. Conecta+ nace para xerar un espazo de contacto entre guionistas, directores e produtores; para construír pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución. Os participantes de Conecta+ dividiranse en dúas categorías: con proxecto e sen proxecto. Os primeiros poderán presentar o seu proxecto a produtores co obxectivo de establecer unha colaboración profesional ou, cando menos, de recibir unha orientación que de como resultado o fortalecemento do proxecto. Doutra banda, os produtores terán a oportunidade de coñecer novos creadores e proxectos. Para facer todo isto posible serán invitados relevantes produtores (galegos e do ámbito nacional) nos diferentes eidos da produción audiovisual, cubrindo un amplo abano de formatos da produción audiovisual. Desde a ficción comercial, ao cine experimental, os documentais, a televisión ou os proxectos transmedia. Conecta+ terá lugar o 16 de decembro de 2017 no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña. Se desexas máis información podes escribirnos a eventos@crea.gal.

Ligazóns
http://www.crea.gal/actividades/conectaplus/?platform=hootsuite



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org