inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O audiovisual propón fórmulas para autofinanciarse triplicando a dotación do fondo

2017-11-21

O pasado venres 17 de novembro de 2017 reuníronse en Sitges asociacións de productores de distintos puntos de España, co obxectivo de debater sobre o modelo de financiamento do audiovisual, dando continuidade á proposta presentada por PROA no Festival de Cine de San Sebastián e no Festival de Cine Fantástico de Sitges.

Na cita atopábanse representadas case 500 empresas de diferentes puntos do país, organizadas en 19 asociacións: ADN, AEPA, AMA, PATE (Madrid); AGAPI (Galicia); APAIB (Baleares); APROAR (Aragón); AVAPI, PAV (Valencia); EPE-APV, IBAIA (País Vasco); NAPAR (Navarra); PAC, DEVICAT, PROL-ANIMATS, PROL-DOCS, PROL-FICCIÓ, PROL-TV (Catalunya); SAVE (Canarias) e ás que se espera poidan sumarse en breve outras asociacións. A xornada de traballo finalizou en consenso. A proposta unitaria dos productores audiovisuales parte da defensa dun modelo de Fondo do Audiovisual que non dependa mayoritariamente dos orzamentos do Estado, senón que tenda á autofinanciación a través das achegas de cada unha das partes que se benefician das obras audiovisuales, utilizando medidas que xa se aplican con éxito noutros países europeos, como a regulación da achega das empresas de servizos on demand, achega que actualmente xa realizan en España as televisións, tanto públicas como privadas. A aplicación das medidas propostas supoñería un incremento de case o triplo do investimento actual e con todo, para o Ministerio de Cultura significaría manter inicialmente a mesma achega e ir diminuíndoa en anos sucesivos. O incremento do fondo permitiría dotar mellor as liñas existentes de cine, recuperar o apoio ao desenvolvemento, á promoción e difusión e incluír xéneros que agora non reciben ningunha axuda e que son de vital importancia para o noso sector: series, telefilms e documentales televisivos, proxectos web ou videojuegos. As asociacións impulsoras destas medidas seguirán traballando conjuntamente para debater con outras entidades as propostas, co obxectivo de conseguir unha alternativa ao actual sistema de financiamento que conte co apoio de todo o sector audiovisual. Ao mesmo tempo e como resultado do bo entendemento que se conseguiu no encontro, decidiuse dar continuidade a este tipo de reunións para traballar noutros temas que sexan de interese para todo o sector.

Ligazóns
http://www.proafed.com/11479-2/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org