inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Curso monográfico de inglés audiovisual

2017-12-14

O Clúster Audiovisual Galego (CLAG); organiza un curso monográfico de Inglés Audiovisua. Está dirixido aos profesionais do sector audiovisual (preferiblemente cun nivel lingüístico intermedio e intermedio-alto) que estean familiarizados coa lingua inglesa, e que desexan potenciar e ampliar as súas destrezas comunicativas sobre todo no ámbito da industria dos medios audiovisuais.

Os obxectivos xerais correspóndense co nivel B1 do Marco de referencia europeo para a aprendizaxe, o ensino e a avaliación de linguas do Consello de Europa. O alumnado (actores, directores, produtores, guionistas, técnicos, axentes de vendas internacionais e outras persoas empregadas no sector audiovisual) adquirirá ou mellorará o seu nivel de competencia (oral e escrita) na expresión de certos aspectos específicos da lingua inglesa que lles permita desenvolverse en situacións coas que se poidan atopar no seu ámbito profesional.

Ligazóns

Convocatoria
Formulario de inscrición

Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org