inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Agapi colabora co encontro audiovisual CONECTA+

2017-12-15

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) colabora un ano máis no encontro audiovisual Conecta+, que celebra a súa terceira edición este sábado 16 na Coruña. O evento, no que se darán cita uns 35 profesionais, seleccionou 18 proxectos galegos para lles dar a oportunidade aos seus creadores de entrar en contacto directo cunha decena de produtoras de dentro e fóra de Galicia.

A Asocaición Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Sindical Galega de Guionistas (Agag) e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) organizan esta iniciativa, que conta tamén co apoio de Galicia Calidade, da Agadic e da Fundación SGAE. O obxectivo é proporcionarlles os directores e/ou guionistas galegos unha plataforma desde a que dar a coñecer as novas propostas nas que están a traballar na procura de produtores que invistan na posta en marcha destes títulos. Xérase así unha ponte entre as ideas e o mercado audiovisual, encamiñada a dotar os proxectos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución. Con tal fin, a organización convidou os responsables de empresas galegas como Bambú, Vaca Films, Frida Films, Portocabo, Agallas, Ollovivo e Gaitafilms, e de fóra de Galicia como Nadie Es Perfecto e Irusoin, produtora do filme Handia, que acaba de obter 13 candidaturas aos Premios Goya. Todos eles participarán nas reunións un a un cos creadores dos 18 proxectos, seleccionados entre 31 presentados. Este formato, xa empregado nos anteriores Conecta+, ten demostrado a súa eficacia á hora de establecer unha relación máis directa na busca de intereses comúns que propicien unha futura colaboración e mesmo lles permite os creadores obter orientación para o fortalecemento das súas propostas. Durante a xornada, que se desenvolverá de 10,30 a 18,00 h. no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña, tamén se propiciará a socialización entre o conxunto dos participantes para abordar as cuestións que lles afectan nas diferentes fases do desenvolvemento das producións audiovisuais.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org