inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Agapi renova a súa Xunta Directiva

2017-12-19

O luns 18 de decembro tivo lugar a Asemblea da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi en Santiago de Compostela. Nela aprobouse renovar por unha nova lexislatura a candidatura presidida por Dolores Ben, de Cinemar Films. A vicepresidencia de Agapi pasa a estar en mans do produtor Felipe Laxe de Zeitun Films, Antonio Varela de Pórtico de Comunicaciones ocupará o cargo de tesoureiro e Luisa Romeo de Frida Films o de secretaria.

Continúan como vogais Ignacio Vilar de Vía Láctea Filmes e X. Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega. Incorpóranse ao equipo J.Antonio Velo de Ástrágalo Studio, Manolo López de Tex45 e Alfonso Blanco de Portocabo. A nova Xunta Directiva asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego como se leva facendo desde a constitución de Agapi no ano 1994 e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse a este proxecto común. Composición da nova Xunta Directiva Agapi 2017-2019: Presidenta: Dolores Ben (Cinemar, Santiago) Vicepresidente: Felipe Laxe (Zeitun Films, A Coruña) Secretaria: Luisa Romeo (Frida Films, Santiago) Tesoureiro: Antonio Varela (Pórtico Audiovisuales, Santiago) Vogais: Alfonso Blanco (Portocabo, A Coruña) Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes, Vigo) X.Lois Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega, Santiago) Manolo López Cernadas (Tex 45 – Ordes) J.Antonio Velo (Astrágalo Studio, Ourense)

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org