A produtora Vaca Films cumpre 15 anos
2018-02-01
A produtora galega Vaca Films cumpre 15 anos desde a súa creación. Así o anunciaba a produtora Emma Lustres nas redes sociais. Esta empresa con base na Coruña naceu a principios de 2003 e leva colleitado multitude galardóns e recoñecementos. Dirixida polos produtores Emma Lustres e Borja Pena, está detrás de éxitos cinematográficos como CELDA 211, EL NIÑO ou EL DESCONOCIDO.
Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org