inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Foro Pasado, presente e futuro da TV en España. A ficción emerxente

2018-02-02

A Fundación Araguaney organiza, coa colaboración do Clúster Audiovisual Galego, o foro Pasado, presente e futuro da TV en España. A ficción emerxente. Será o próximo luns, 5 de febreiro, ás 20:00 horas, no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago.

Participarán os directores e guionistas Carlos Sedes (Las chicas del cable, Fariña, Velvet, La Embajada), Jorge Sánchez-Cabezudo (La zona, Gran Hotel, Velvet, Víctor Ros) e Alberto Rodríguez (La Peste, La isla mínima, El hombre de las mil caras), e tamén o director de Antena de laSexta, Mario López, que exercerá como moderador. Durante esta charla-coloquio debaterase, entre outros temas de interese, da evolución da ficción española nos últimos vinte anos e do nacemento das plataformas de televisión por Internet. A entrada ao foro é libre, previa confirmación de asistencia no mail inscripciones@araguaney.com. O aforo é limitado.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org