inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

As empresas de Agapi acumulan 21 nominacións nos Premios Mestre Mateo

2018-02-07

As empresas de Agapi, Matriuska Producciones, Portocabo, Tex 45 e Agallas Films, acumulan un total de 21 nominacións en 16 categorías.

A ESTACION VIOLENTA producida por Matriuska Producciones está entre as favoritas para os premios Mestre Mateo, acumula un total de 8 nominacións, seguida de OS FILLOS DO SOL, producida por Portocabo, con 7. O documental A BATALLA DESCOÑECIDA, producido por Agallas Films opta a dúas estatuiñas, Mellor Documental e Mellor Banda Sonora. VIDAGO PALACE producido por Portocabo, tamén conta con dúas nominacións nas categorías de Mellor dirección de produción e Mellor Serie de TV. O anuncio IMPOSIBLE SEN TI 2017 de Tex 45 Producións aspira a levarse o premio na categoría de Mellor anuncio publicitario e ADN GALEGO, producido por Portocabo está nominado na categoría de Mellor programa de TV. Iolanda Muíños conducirá, un ano máis, a Gala dos grandes premios do audiovisual galego, que se celebrará o sábado 3 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña e que transmitirá a TVG en directo.

Ligazóns
http://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org