inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Galicia ProFilme 2018: Festival Internacional de Cine de San Sebastián: claves e oportunidades, con José Luis Rebordinos

2018-03-06

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, ofrecerá o vindeiro 9 de marzo, ás 10.00 horas, na Cidade da Cultura de Galicia (Sala Eisenman), unha sesión informativa sobre as claves e oportunidades que lle ofrece o certame donostiarra ao audiovisual galego. Será no marco dunha nova entrega do programa Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Despois da súa intervención, José Luis Rebordinos desenvolverá reunións individuais con quen as concerte con anterioridade.

Tanto para asistir ás reunións como para a petición de reunións, só compre inscribirse no mail audiovisual.agadic@xunta.gal ata as 15:00 horas do xoves 8 de marzo.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org