inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Aberto prazo de inscrición para a III Edición do programa Firma e Filme

2018-03-21

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE), pon en marcha a III Edición de Firma e Filme, programa dirixido a fomentar a adaptación de obras literarias á linguaxe audiovisual.

Firma e Filme pretende poñer en valor ambos eidos creativos, o das letras e o da imaxe, convocando as produtoras e editoras a participar nun proxecto conxunto que ten por fin estudar as posibilidades de adaptación de obras literarias galegas ao noso audiovisual. Poderán presentarse a esta iniciativa as editoriais que conten no seu catálogo con obras orixinais galegas, traducións ou reedicións de obras publicadas nos dous últimos anos (2016-2018), cun límite de cinco títulos por editorial. Non poderán presentarse obras que xa tivesen participado en anteriores convocatorias do programa. Cada editorial deberá enviar dous exemplares de cada un ao seguinte enderezo: Asociación Galega de Produtoras (AGAPI) A/att. Uxía Caride Rúa das Orfas, 23 - 1º 15703 Santiago de Compostela O prazo de recepción dos libros remata o mércores 11 de abril. O seguinte paso consistirá na lectura, análise e elaboración de informes das obras inscritas, que lle serán trasladados ás produtoras en función das opcións indicadas no formulario. Tras esta fase promoverase unha xornada encontro entre os dous sectores de cara a promover futuros acordos.

Ligazóns

CONVOCATORIA
Ficha inscrición PRODUTORAS
Ficha inscrición EDITORIAIS
Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org