inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Presentación e lanzamento do Plan DICO MINDSET

2018-04-23

O día 2 de maio terá lugar, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, a Xornada DICO in motion co obxectivo de presentar e poñer en marcha o DICO Mindset, o plan de acción para impulsar durante o 2018-2020 os contidos dixitais en Galicia, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Clúster Audiovisual Galego e o Clúster TIC Galicia.

Este plan xurde do proxecto Viraxe TIC, que se elaborou coa colaboración destas tres entidades, e co que foi posible realizar unha análise profunda para identificar as oportunidades de negocio no ámbito dos contidos dixitais en Galicia. Este programa permitiu tamén poñer en marcha servizos de asesoramento e celebrar foros de networking para promover e reforzar alianzas entre entidades locais e expertos de recoñecido prestixio a nivel internacional. Rexistro a través de https://cdtic.xunta.gal/dico-mindset

Ligazóns

Xornada DICO MINDSET


Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org