inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Arrinca a rodaxe da serie HIERRO, producida por Portocabo

2018-05-07

HIERRO é unha serie orixinal Movistar coproducida con Portocabo, a francesa Atlantique Productions e a prestixiosa cadea ARTE. A serie presentouse hoxe na illa do Ferro onde comezou xa o rodaje deste drama criminal protagonizado por Candea Pena e o arxentino Darío Grandinetti.

HIERRO é un drama criminal que chegará a Movistar en 2019. A serie creada por Pepe Coira e dirixida por Jorge Coira constará de oito episodios que se gravarán na illa canaria ao longo de quince semanas. A illa de Hierro acollerá ao equipo de profesionais e artistas entre os que destacan un amplo número de actrices e actores canarios como Mónica López, Yaiza Guimaré, Kimberley Tell, Luifer Rodríguez, Mari Carmen Sánchez ou Antonia San Juan xunto co actor catalán Juan Carlos Vellido. Sinopse: Candela é unha xuíza que acaban de destinar a Hierro, a illa máis remota do arquipélago canario. Non vai ser fácil para Candea adaptarse á vida nunha comunidade que, como ela mesma, ten un forte carácter. De feito, enviárona alí como castigo polo seu comportamento heterodoxo. Nada máis chegar á illa, Candea ten que instruír un caso complicado: aparece asasinado Fran, un mozo oriundo, o mesmo día no que ía casarse coa filla de Díaz, un escuro empresario que enseguida se converte no principal sospeitoso do crime. Candea e Díaz están en lados opostos da lei, pero teñen un obxectivo común: descubrir a verdade sobre o crime. Ambos se penetrarán nun camiño físico e emocional... un camiño ao inferno que comeza no paraíso.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org