inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Curso de verán da USC titulado A PERSPECTIVA DE XÉNERO NO CINE

2018-05-25

A vindeira semana do 2 ao 6 de xullo celebrarase un curso de verán da USC titulado A PERSPECTIVA DE XÉNERO NO CINE que terá lugar na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito.

Con este curso preténdese analizar, dende unha perspectiva transversal xurídica e audiovisual, como se representa e trata a figura da muller no cine, pois non cabe dúbida de que o sétimo arte é un grande escaparate que exerce certa influencia no público. O obxectivo principal será espertar entre os asistentes certo espírito crítico sobre temas que nos parecen preocupantes, como a violencia de xénero ou a discriminación laboral da muller. Os filmes que se proxectarán son: Veronica Guerin, A dama de ferro, A muller do animal, Douche os meus ollos, Na terra dos homes, Os fenómenos, 678, As irmás da Magdalena, As sufraxistas e As mulleres de verdade teñen curvas Intervirán: Milagros Otero Parga, Jorge Pan Varea, Mª Teresa Hernández Armentia, Paz Filgueira, María Castro Corredoira, Áurea Sánchez Puente, Yolanda Maneiro Vázquez, Patricia Vázquez, Esteban Pereira Fredes, Jessica Núñez Rego, María Paz García Rubio e Moncho Lemos

Ligazóns

Programa


Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org