inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Anxos Fazáns inaugura hoxe o Festival de Cans coa ESTACIÓN VIOLENTA

2018-05-25

A ESTACIÓN VIOLENTA é o filme debut de Anxos Fazáns, unha novísima do cinema galego que adapta aquí libremente a primeira novela de Manuel Jabois. Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato protagonizan esta historia de carácter xeracional que relata o reencontro entre tres amigos de xuventude nunha etapa complexa das súas vidas, dominada pola frustración e a ausencia dun futuro brillante. A directora e os protagonistas presentarán o filme ás 20h00 no Círculo Recreativo Cultural xunto con parte do equipo, e participarán no desfile de chimpíns que sairá ás 19h30 da Praza do Concello, co acompañamento musical de Os Zoqueiros.

Tras participar na Sección Resistencias da XIV edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla e na 31 edición de Cineuropa, a nova cineasta galega Anxos Fazáns participou coa súa ópera prima A estación violenta -unha adaptación libre da novela homónima de Manuel Jabois cun carismático reparto con intérpretes como Nerea Barros e Antonio Durán Morris- no prestixioso Festival BAFICI de Bos Aires no seu XX edición, dentro da Sección Óperas Primas. Ademais, Fazáns formou parte do Xurado Internacional da Sección competitiva de Curtametraxe Arxentino. Para rematar, na oitava edición do Festival de Cinema DAutor, o filme participou na Sección competitiva Talents. O guión da estación violenta foi co-escrito pola directora co cineasta Anxo Santos (director de AS ALTAS PRESIÓNS), Xacobe Casas e o productor Daniel Froiz.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org