inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta o libro MARCAS NA PAISAXE

2018-06-11

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión. A cita é o martes 12 de xuño ás 20:00H.

Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega conta coa participación de oito investigadoras que esculcan na relación do cinema galego con diversos aspectos esenciais da nosa cultura, como a emigración, a paisaxe, a lingua ou a procura dun cinema nacional-popular. No acto intervirá a coordinadora do libro e catedrática en Ciencias da Comunicación, Margarita Ledo Andión, o doutor en Historia da Arte Xosé Nogueira Otero, e o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Tamén estarán presentes as demais autoras do volume: Marta Pérez Pereiro, María Soliña Barreiro, Fernando Redondo Neira, Brais Romero Suárez, José Luis Castro de Paz e Xan Gómez Viñas.

Ligazóns
http://numax.org/novas/detalle/marcas-na-paisaxe?locale=es



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org