inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Portocabo anuncia a rodaxe da serie infantil MIRACLE TUNES

2018-07-04

A empresa galega Portocabo vén de anunciar no marco do Conecta FICTION o inincio da rodaxe da serie infantil de imaxe real MIRACLE TUNES, unha adaptación para Europa da exitosa serie xaponesa do mesmo título. Tras colleitar un espectacular éxito de audiencia tanto en Xapón coma no resto del mercado asiático, no marco do Conecta pecháronse os últimos detalles desta producción.

Portocabo embárcase nunha nova coprodución internacional xunto con ShowLab (Italia), Blasteem (Italia), Mediaset (Italia), Kamca Group (Suiza) e Giochi Preziosi (Italia). A serie é unha produción de 51 capítulos divididos en dúas temporadas e rodarase en inglés. As cinco protagonistas foron elexidas mediante un casting aberto entre miles de participantes. As elexidas interpretan ás compoñentes da banda as Miracle Miracles, unhas cantantes-guerreiras defensoras do ben. Unha ficción que combina música, baile, estética futurista e empoderamento.

Ligazóns
http://portocabo.com/?lang=es



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org