inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

A película TROTE dirixida por Xacio Baño e producida por Frida Films debuta en San Sebastián

2018-07-03

TROTE, a primeira longametraxe do realizador de Xove Xacio Baño será tamén a primeira película de longa duración filmada integramente en lingua galega a competición no Festival de Cine de San Sebastián, segundo informou a produtora Frida Films nun comunicado.

Baño vén de comezar a rodar en Negreira o seu salto á longametraxe logo dunha exitosa carreira como curtametraxista. ‘Trote’ rodarase tanto neste municipio como en Moraña. Os días 15 e 16 de xullo a rodaxe visitará a rapa das bestas de Amil. O filme conta cun equipo técnico completamente galego e un elenco de intérpretes encabezado pola actriz de Carballedo María Vázquez e no que se integran Celso Bugallo, Tamara Canosa, Diego Anido e Fede Pérez. TROTE é unha película producida pola galega Frida Films, responsable de títulos como MARÍA (Y LOS DEMÁS), que aínda acumula distincións no circuíto de premios e festivais, e conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación de Pontevedra e coa participación de Televisión de Galicia. A nova película de Baño foi seleccionada para participar no prestixioso programa de residencias Ikusmira Berriak promovido polo Festival de San Sebastián e que busca impulsar a creación audiovisual en todas as súas fases. Como parte desta colaboración, o festival donostiarra garante a selección da película en sección competitiva unha vez finalizada, o que converterá TROTE na primeira película rodada en galego a concurso no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

Ligazóns
http://www.fridafilms.com/es/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org