inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Presentación libro-dvd SÍSIFO CONFUSO. TRABALLOS E DÍAS DE FRANCISCO LEIRO

2018-07-18

O cineasta Aser Álvarez visita a Libraría NUMAX hoxe, mércores 18 de xullo ás 20:30, para presentar o libro-dvd Sísifo confuso (Arraianos Pro), documental que percorre o traballo artístico de Francisco Leiro. Álvarez estará acompañado do artista Plácido Romero e a autora da banda sonora do filme, Lucía Martínez.

Sísifo confuso artéllase como un documental sobre os traballos e os días de Francisco Leiro (Cambados, 1957) mais non pretende ser unha biografía nin tampouco unha presentación da súa obra, senón simplemente mostrar cales son as condicións físicas e mentais do proceso de creación deste escultor na actualidade. É a primeira vez que unha equipa de rodaxe entra nos seus lugares de traballo e realiza un seguemento do seu proceso creativo.

Ligazóns
http://numax.org/novas/detalle/sisifo-confuso?locale=gl



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org