inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Curso Dixitalización en contornas broadcast e de produción

2018-07-24

O Clúster Audiovisual organiza o curso Dixitalización en contornas broadcast e de produción, que terá lugar o vindeiro mes de outubro en Teo (A Coruña) co obxectivo de achegar aos participantes ás novas tecnoloxías a implementar no proceso de dixitalización da contorna broadcast e de produción.

Esta acción formativa, de 30 horas de duración, celebrarase os luns 8, 15, 22 e 29 de outubro na sede da produtora CTV, en Teo, en horario de mañá e tarde. O curso será impartido por profesionais da empresa Crosspoint. Ofértanse un total de 18 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. Os participantes neste curso poderán beneficiarse dos descontos do crédito á formación continua da Fundación FUNDAE. Para inscribirse é necesario enviar por mail o formulario acompañado do xustificante de pago a proxectos@clag.es. O prazo está aberto até o vindeiro 17 de setembro.

Ligazóns

Convocatoria
Formulario de inscrición

Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org