inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Os comités de empresa de CRTVG e CRTVE-Galicia convocan unha manifestación pola dignidade dos medios públicos

2018-08-21

Os comités de empresa de CRTVG e CRTVE-Galicia chaman a todos os traballadores e traballadoras de ambas de ambas empresas e á sociedade galega no seu conxunto a participar nunha manifestación convocada para o 8 de setembro en Compostela co fin de reivindicar dignidade nos medios públicos de comunicación.

A marcha da manifestación sairá ás 10.30h do 8 de setembro das instalacións da CRTVG en San Marcos, pasando despois pola sede que CRTVE ten tamén en San Marcos para rematar na Praza de Praterías arredor das 12.30h co fin de dar lectura a un manifesto común das empresas públicas que recolle os motivos da manifestación e as demandas que pretenden facer públicas.

Ligazóns

Manifestación pola dignidade dos medios públicos


Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org