inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Carlos Quintela, Felipe Lage, Diana Santamaria e Mercedes Martínez Abarca asesorarán o #LAB de Novos Cinemas

2018-09-10

NOVOS CINEMAS#LAB, o programa de orientación para realizadores e realizadoras noveis, que se desenvolverá entre os próximos 11 e 16 de decembro dentro do marco do Festival Internacional de Cine de Pontevedra – Novos Cinemas, contará nesta edición co asesoramento de Carlos Quintela, Felipe Lage, Diana Santamaria e Mercedes Martínez Abarca. Estes profesionais achegarán o seu punto de vista e experiencia e axudarán aos creadores e creadoras a sacarlle o máximo rendemento aos seus proxectos.

Carlos Quintela (Cuba). Cineasta formado en E.I.C.T.V. e F.A.M.C.A. Tras realizar varias curtametraxes experimentais levou a cabo a longametraxe La Piscina, que lle valeu varios premios en festivais internacionais. O seu estilo narrativo está influenciado polos cinemas asiático e europeo. Felipe Lage (Galicia), é o director de Zeitun Films dende o ano 2009 e ten participado na produción de longametraxes como Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010), Arraianos (Eloy Enciso, 2012), O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013), Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Pozoamargo (Enrique Rivero, 2015) e Mimosas (Oliver Laxe, 2016). Diana Santamaria. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. En 2014, xunto a Thierry e Farid Lounas, decide crear en España a distribuidora Capricci Cinema, da que é directora desde entón. Especialista en cinema francés e inspirada polo legado de Henri Langlois, distribuíu en España películas contemporáneas de autor e películas de patrimonio de cineastas da talla de Serge Bozon, Albert Serra, Aleksei German, Apichatpong Weerasethakul, Serguéi Paradzhánov ou Ado Arrietta, entre outros. Mercedes Martínez Abarca. Traballa desde o ano 2009 no International Film Festival Rotterdam, onde actualmente é asesora de programación. Durante cinco anos coordinou o Holland Filme Meeting Co-Production Platform (Nederlands Film Festival, Utrecht). Ademais traballou para a distribuidora internacional Fortissimo Films e colaborou en diversos festivais e mercados de coprodución. Este encontro entre cineastas noveis e axentes cualificados e especialmente sensibles a proxectos cinematográficos de natureza independente terá como finalidade que realizadores/as e/ou produtores/as poidan adquirir as competencias e habilidades necesarias para poder defender, co maior grao de operatividade, funcionalidade e rendibilidade posible, os seus proxectos nunha futura situación de natureza comercial. A convocatoria para participar nos tres días de #LAB -13, 14 e 15 de decembro- está aberta a cineastas de calquera parte do mundo, a condición de que o proxecto co que se presenten (en calquera das súas fases de desenvolvemento) supoña a súa primeira ou segunda película. A data límite para a presentación de solicitudes é o 25 de setembro.

Ligazóns
http://www.novoscinemas.com/es/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org