inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Agapi colabora co Curtocircuíto nas MESAS INTERXERACIONAIS DO AUDIOVISUAL

2018-09-22

O Festival Internacional de Cine -Curtocircuíto pon en marcha no seu 15º aniversario as Mesas interxeracionais do audiovisual galego: xornadas construtivas para destruír tópicos, mitos e prexuízos do noso sector , un conxunto de relatorios e debates cos que o festival busca atopar puntos en común entre os diferentes profesionais e os seus xeitos de traballar e de facer. A actividade, que conta coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), desenvolverase entre os próximos 4 e 5 de outubro.

Nun sector audiovisual cada vez máis diverso, hoxe en día podemos atopar xeracións ben diferenciadas que representan distintos momentos políticos e estéticos do noso audiovisual: desde os anos 80 até 2018. Nesta edición, Curtocircuíto xuntará por primeira vez ás catro xeracións en activo do sector audiovisual galego para poder comprender mellor a natureza, heteroxeneidade e potencial do sector ubicándoos en catro grandes grupos: Dende a videocreación ata a produción industrial dos 2000 (nados arredor dos anos 60 ), A Xeración EIS e outras fornadas de renovación (nados arredor dos anos 70 ), Novo Cinema Galego e outras francotiradoras (nados arredor do 1980 ) e Fillas da crise: novos modelos contra a austeridade (nados arredor dos anos 90 ). Deste xeito, o crítico de cine Brais Romero , a docente Beli Martínez , o director Jorge Coira e o guionista e produtor Antón Reixa porán sobre a mesa o que consideran os seus éxitos e fracasos e os dos seus coetáneos en A túa xeración: acertos e erros . A análise dos paradigmas establecidos previamente será o punto de partida para Que herdas? , debate que protagonizarán a directora de fotografía Lucía C. Pan , a actriz e directora Sonia Méndez , o eléctrico e iluminador David Melero , e o actor Antonio Durán Morris. En Como produces? Silvia Fuentes , Felipe Lage , Pancho Casal e Alfonso Blanco analizarán a creación cinematográfica a través da súa labor como produtores; e os cineastas Adrián Canoura e Oliver Laxe , a directora e montadora Sandra Sánchez , e a docente e investigadora Margarita Ledo protagonizarán o relatorio A creación en clave xeracional. Para rematar, os cineastas Anxos Fazáns e Xacio Baño e as produtoras Mamen Quintas e Dolores Ben serán os responsables de pechar estas xornadas en Xuntos ou revoltos? Retos de futuro.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org