inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Frida Films presenta en San Sebastián os filmes GALLO e TROTE

2018-09-24

As producións TROTE e GALLO, encabezadas pola compañía galega Frida Films, preséntanse na 66ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, nas seccións competitivas Zabaltegi-Tabakalera e Zinemira, respectivamente. Ata alí desprazaranse parte dos equipos das fitas dirixidas por Xacio Baño e Antonio Díaz Huerta para participar na presentación e nos coloquios correspondentes.

TROTE: Tras a súa estrea internacional o pasado agosto no festival suízo de Locarno, a que é a primeira longametraxe do realizador galego Xacio Baño preséntase agora en San Sebastián, que xa en 2016 seleccionara Trote para o seu programa de residencias Ikusmira Berriak, promovido en colaboración con Tabakalera e a Fundación Donostia-San Sebastián 2016 Capital Europea de la Cultura. A película xira arredor de Carme, atrapada no ambiente opresivo da súa familia e da pequena aldea do interior de Galicia na que vive. Como na Rapa das Bestas, celebración durante a que transcorre esta historia, Trote reflicte a loita entre o home e o cabalo, ao tempo que entre a razón e o instinto. Xacio Baño, o seu director e guionista, asistirá á presentación xunto aos actores Celso Bugallo, Melania Cruz e María Vázquez, a produtora Luisa Romeo, de Frida Films, e Marija Razgute, da compañía lituana Ciobreliai Films, coprodutora da película. GALLO: O documental conta como o surfista Aitor Francesena, a quen os médicos lle aconsellaran non volver practicar o seu deporte a causa dun glaucoma conxénito, vence os seus medos revivindo o accidente no que hai cinco anos perdeu a vista por completo mentres surfeaba. Antonio Díaz Huerta, director de series de televisión como El internado e Luna, el misterio de Calenda, debuta na realización cinematográfica con esta fita, que foi un dos proxectos seleccionados no XII Foro de Coproducción de Documentales Lau Haizetara. Tanto o director como o protagonista de Gallo participarán na presentación e no coloquio co público nos cines Príncipe xunto con Sergio Frade, de Frida Films, e Alexander García de Vicuña, de Marmoka.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org