inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Agapi colabora coa Academia Galega do Audiovisual na celebración das xornadas EDUCACIÓN 3.0

2018-10-16

Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) colabora coa Academia Galega do Audivisual na organización da xornada EDUCACIÓN 3.0 E AUDIOVISUAL, que parte do compromiso de posicionar ao sector audiovisual como un aliado á hora de xerar contidos educativos e procesos metodolóxicos anovadores. Os relatorios están dirixidos principalmente a docentes e traballadores do sector audiovisual, pero tamén presentan interese para estudantes, profesionais e calquera persoa interesada nas posibilidades educativas do medio audiovisual.

Abrirán a xornada José Antonio Velo -da produtora cunha ampla traxectoria en publicidade, TV, postproducción, marketing e deseño 2D e 3D Astragalo Studio- e Mercedes Marcos -da empresa especializada en creación de contidos para canles de YouTube destinados a público infantil e xuvenil Asubío Media- falando sobre a innovación audiovisual como solución docente, ao empregar novos formatos para desenvolver contidos educativos. De seguido, Luz Castro -fundadora dunha das empresas tecnolóxicas máis veteranas de Galicia, Imaxin Software, e experta en gamificación e desenvolvemento de videoxogos- e Silvia López, doutora en Pedagoxía coa tese Análise descriptiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia e socia fundadora de DIMElab, spin-off do Grupo de Investigación Stellae da USC- debullarán as posibilidades didácticas dos videoxogos e exporán algunhas das experiencias xurdidas a partir da súa incoporación nas aulas. Finalmente, María José Arrojo presentará as conclusións de Proyecta -unha iniciativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para impulsar experiencias educativas que aúnan aprendizaxe, creación e tecnoloxía- e Fernando Moreno -coordinador TIC do centro- exporá o proxecto Ponte dos Brozos, unha das iniciativas pioneiras de alfabetización TIC levadas a cabo na nosa comunidade, financiada polo Concello de Arteixo. As persoas asistentes coñecerán así, de primeira man, dúas iniciativas galegas que traballan impulsando e visibilizando a integración das TIC no currículum educativo, presentando tendencias e casos de éxito. Despois de xantar, a sesión de tarde celebraremos o II encontro de docentes de audiovisual que retomará as conclusións da primeira xuntanza entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia, celebrado o pasado 27 de abril, para por en común as conclusións dos grupos de traballo -Repositorio de traballos, Cultura Audiovisual I e II e Audiovisual como Ferramenta Transversal- e abordar a posibilidade de desenvolver estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien o seu labor. A inscrición é gratuíta, enviando un correo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal antes do 17 de outubro indicando nome, apelidos e o motivo polo que se desexa asistir. Porén, dende a Academia Galega do Audiovisual advírtese que a sesión de tarde é exclusiva para docentes e socios/as da AGA.

Ligazóns
http://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/a-academia-galega-do-audiovisual-busca-lugares-comuns-para-o-sector-educativo-e-o-audiovisual/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org