inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Portocabo producirá AUGA SECA, unha nova coprodución entre Galicia e Portugal

2018-10-19

Televisión de Galicia e a canle portuguesa RTP asinaron un acordo para poñer en marcha unha nova coprodución internacional, a serie de ficción AUGA SECA. A produción correrá a cargo da empresa galega Portocabo e contará coa colaboración da empresa portuguesa Sp-i.

O proxecto, que xa conta coa axuda á produción do AGADIC, será presentado a partir deste luns no Mipcom de Cannes, o mercado internacional de televisión máis importante do mundo. Malia atoparse en fase de escrita de guión, AUGA SECA xa recibiu propostas de 3 distribuidoras internacionais e espertou o interese de varias canles europeas. Nos próximos días a lista de socios deste ambicioso proxecto verase ampliada e completada. AUGA SECA conta a historia de Teresa, unha muller que toma a decisión máis arriscada da súa vida, decide infiltrarse nunha organización criminal coa intención de vingar a morte do seu irmán. Unha historia de vinganza cargada de xiros e sorpresas onde nada é o que semella.

Ligazóns
http://www.audiovisual451.com/portocabo-cierra-un-acuerdo-con-television-de-galicia-rtp-y-sp-i-portugal-para-poner-en-marcha-el-thriller-auga-seca/



Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org