inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Felipe Lage- vicepresidente de Agapi- asiste, dentro da delegación da Mesa de Productoras, á cita co ministro de Cultura para presentar o FASA

2018-10-25

Representantes da Mesa de Productoras; entre os que estaba o vicepresidente de Agapi, Felipe Lage; acudiron o martes 23 á unha xuntanza co Ministro de Cultura co fin de presentar o proxecto FASA -Fondo Nacional Público de Apoyo al Sector Audiovisual-. Esta proposta ten como obxectivos principais dotar ao sector de medios económicos suficientes sen incrementar a dotación procedente dos orzamentos xerais do Estado, conseguir unha estrutura e xestión actualizadas e estables que permitan ao audiovisual español equiparse a outros países da contorna.

O minstro acolleu a proposta con grande interese, animando á Mesa a seguir traballando nesa liña e comprometeuse persoalmente a estudar cunto co ICAA a súa implementación. Actualmente son 19 as asociacións de empresas produtoras que están desenvolvendo o FASA, esperando que progresivamente se sumen outros axentes do sector audiovisual. Tomando como punto de partida modelos de financiaciamento audiovisual doutros países europeos, o FASA propón catro fontes financieiras fundamentais para nutrir economicamente o fondo, que nunha primeira estimación, excedería os 200 M€: os orzamentos xerais do Estado, as achegas das empresas de servizos audiovisuais baixo demanda e das plataformas de compartición de contidos (vídeo sharing), un canon cinematográfico e de videoxogos e os préstamos participativos. A estas engadiríanse outras tamén importantes para conseguir unha industria audiovisual sólida e competitiva: as achegas das empresas de difusión pública e privada, os incentivos fiscais e a Lei de Mecenado. O FASA dá resposta ás necesidades de todos os actores que interveñen na produción e difusión de contidos, situando a España á altura dos países europeos que apostaron polo audiovisual como sector estratéxico.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org