inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Formación Revista
Click para ampliar

Obradoiro de Guión de Late Night!

2018-10-26

A Asociación Galega de Guionistas (AGAG) organiza un Obradoiro sobre Guión de Late Night con Joan Grau (Late Motiv, Buenafuente, Una Altra Cosa). O obradoiro terá lugar en dúas sesións: Venres 16 de novembro de 16:00h a 20:00h e Sábado 17 de novembro de 10:00h a 14:00h, na Sede Fundación SGAE de Santiago de Compostela (Rúa das Salvadas, 2), e é posible grazas ao apoio económico da Fundación SGAE.

O obradoiro pasará por todas as etapas que dan forma a un late night, dende a escolma de prensa e a reunión de contidos ata a escritura, a reescritura e a derradeira posta en común. Un xeito de mergullarse nun ambiente profesional da man dun dos mellores guionistas de late night do país. Tarifa de inscrición: socios/as de AGAG, SGAE, FAGA e CREA, 35€. Estudantes, 50€. Tarifa xeral: 60€ Prazo de inscrición: ata o 2 de novembro ás 23.59h Procedemento de inscrición: Escribe a info@guionistas.gal, engadindo no correo o teu CV e unha breve carta de intencións, na que expliques por que queres vir ao obradoiro. O propio Joan Grau escollerá ás 10 persoas que formen o equipo, e esta selección comunicarase o 5 de novembro. Imprescindible levar ordenador portátil.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org