inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Premios LUX de Fotografía organizados pola EISV e AFP

2018-11-07

A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) presenta do 22 de outubro ao 16 de novembro, en colaboración coa Asociación de Fotógrafos Profesionais (AFP), a XXV Edición dos prestixiosos Premios LUX de Fotografía. A escola inaugura deste xeito, a súa sala de exposicións na primeira planta do edificio. Horario de 12 a 14 hrs. e de 16 a 20 hrs.

A Asociación de Fotógrafos Profesionais, decidiu crear os primeiros premios de fotografía profesional de ámbito estatal para recoñecer e promocionar aos mellores fotógrafos profesionais especializados en Publicidade, Arquitectura, Bodegón, Industrial, Moda e Retrato. Nacían os premios LUX. Durante estas 25 edicións, os Premios LUX mostraron a evolución da fotografía de encarga que visto marcado o seu camiño pola creatividade e a capacidade de innovación dos fotógrafos, nun período de profundos cambios sociais e tecnolóxicos. A mostra que aquí presentamos está formada polas obras gañadoras dun LUX Ouro, Prata e Bronce nas dez categorías profesionais así como o Premio Junior e mencións na categoría Junior da edición 2017 dos Premios LUX.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org