inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

O filme A ESTACIÓN VIOLENTA, producido por Matriuska, galardoado en Colombia

2018-11-16

A estación violenta de Anxos Fazáns, producida por Matriuska obtén unha mención especial do xurado no Festival Internacional de cine de Cali, Colombia. A película participou na sección oficial con títulos como Meteors, premiada en Locarno, ou Mudar la piel.

O filme dirixido por Anxos Fazáns é unha adaptación libre da novela homónima de Manuel Jabois, cun guión asinado pola mesma Anxos Fazáns, o cineasta Angel Santos, o productor e guionista, neste caso, Daniel Froiz e o autor literario e guionista, Xacobe Casas. A produción de Matriuska continúa cunha liña de aposta polo novo talento local e coa exportación dos filmes ao público universal. O percorrido da película polos festivais é sobresaliente nunha unha ópera prima, estreándose no Festival de Cinema europeo de Sevilla o ano pasado, internacionalmente en BAFICI, Buenos Aires e pasando por festivais de notable prestixio como DAutor, Barcelona, SanFic, Chile, Toulouse Cinespagna, entre outros. O filme foi estreado en salas comerciais no pasado mes de maio.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org