inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

AURA 1964, do director Ignacio Vilar, logra unha axuda para o desenvolvemento de MEDIA Europa Creativa

2018-11-26

A produtora Vía Láctea Filmes resultou beneficiaria dunha axuda de desenvolvemento do programa MEDIA Europa Creativa, destinada á promoción e á coprodución de obras cinematográficas a nivel europeo e internacional, para un novo proxecto con guión e dirección de Ignacio Vilar. Entre as máis de 300 candidaturas recibidas de 32 países, 5 produtoras Españolas recibiron esta axuda na actual convocatoria, sendo Aura 1964 o único proxecto recibido para ser rodado en lingua galega.

O comité de selección da axuda destacou, a calidade do guión, a pertinencia da temática no contexto socio-político europeo así coma a traxectoria do director Ignacio Vilar e da produtora Vía Láctea Filmes na cinematografía galega ou o potencial internacional da obra. Aura 1964 conta a historia de Siro, un adolescente dunha aldea galega que, en plena ditadura franquista, debe ingresar nun internado católico. Pouco a pouco, coa axuda dos seus novos compañeiros, aprenderá a sobrevivir no perverso mundo dos adultos. O título da fita fai referencia á campaña 25 AÑOS DE PAZ coa que o réxime conmemorou o fin da Guerra Civil e segundo apunta o xurado de MEDIA, a longametraxe aborda un tema moi relevante ante o auxe de partidos de extrema dereita en toda Europa. O proxecto recibiu asimesmo unha subvención para desenvolvemento de producións galegas de AGADIC, sendo o primeiro de Vía Láctea Filmes presentado desde o inicio coma unha coprodución internacional. Grazas ao devandito apoio institucional, a produtora galega está a deseñar un ambicioso plan de desenvolvemento que inclúe a asistencia a mercados internacionais na Berlinale e Cannes para a busca de coprodutores que garantan a visibilidade internacional do traballo.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org