inicio   |   mapa web   |   nota legal   |   accesibilidade   |   contacta   |   área privada galego   |   español   |   english
Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera. Imagen cabecera.
Actualidade Revista
Click para ampliar

Agallas Films levará ao cine a historia do naufraxio do Santa Isabel

2019-02-01

Agallas Films levará ao cine a historia do naufraxio do Santa Isabel, un impactante feito que deixou unha pegada indeleble no Barbanza. O proxecto liderado por Agallas Films, e dirixido por Paula Cons, vai ter como coprodutores a empresas do País Vasco, Arxentina e Portugal.

A película, que aínda non ten título, arrincará xusto despois do afundimento do vapor e virará ao redor das heroínas de Sálvora, tanto ao recoñecemento popular que recibiron pola súa fazaña como a algún que outro reproche do que foron vítimas. Nerea Barros será a gran protagonista e dará vida a unha das heroínas. Xunto a ela estarán, entre outros, Aitor Lúa, que se converterá no farero da illa, e o actor arxentino Darío Grandinetti, que encarnará a un xornalista que sacará á luz diversas cuestións relacionadas coa traxedia, tanto positivas como negativas. A rodaxe da película arrincará o 4 de marzo e nestes momentos están a elixirse as localizacións. Boa parte das escenas gravaranse na illa de Sálvora, pero a produtora tamén busca outros escenarios exteriores na comarca que poidan adaptarse á época na que tivo lugar o suceso. A idea é que o lanzamento da película teña lugar o ano próximo.

Ligazóns




Logo AGAPI cierre.

Rúa das orfas 23, 1º | 15703 Santiago de Compostela | telf: +34 981 577 747 | e-mail: prensa@agapi.org